Saturday 28 de June de 2025

Volve o programa Eu quero Razo-Baldaio cunha chea de actividades


Despois do éxito das edicións pasadas, desde o Concello de Carballo queremos dar continuidade ao proxecto “Eu quero Razo – Baldaio”, que pretende crear hábitos de turismo consciente no litoral de Carballo. Para iso contaremos de novo coas entidades que veñen desempeñando accións relacionadas coa sustentabilidade da nosa costa.
Tanto o Concello como as entidades colaboradoras neste proxecto buscamos a valorización do contorno co obxectivo de que canto mais se coñeza mais se respecte.
Ademais das accións propostas estas entidades desde o propio Concello tamén se propoñen outras actividades co mesmo obxectivo e que se indican no programa do proxecto.
  1. PROGRAMA
A maioría das accións programadas requirirán de preinscrición. Os participantes deberán inscribirse en cada evento no que estean interesados a través da axenda de carballo.gal.
As persoas participantes deberán achegarse polos seus propios medios ao punto onde se desenvolvan as actividades.
XULLO
02/07/2025. INICIACIÓN Á ORNITOLOXÍA
05/07/2025. RUTA RAZO – AS TORRADAS Sal con XABIER MACEIRAS
11/07/2025. EXPLORANDO AS POZAS DAS MAREAS en RAZO
12/07/2025. AS PISTAS QUE NOS DEIXAN OS MAMÍFEROS AUTÓCTONOS
13/07/2025. AS PISTAS QUE NOS DEIXAN OS MAMÍFEROS AUTÓCTONOS
16/07/2025. LIMPEZA COLECTIVA DA MARISMA DE BALDAIO
19/07/2025. O PATRIMONIO ESCONDIDO DA COSTA DE CARBALLO
23/07/2025. FAUNA E FLORA DAS CONTORNAS DUNARES en BALDAIO
30/07/2025. A NOITE DAS AVELAIÑAS en BALDAIO
AGOSTO
02/08/2025. MONTE NEME NA NOITE.
09/08/2025. FESTA DA PRAIA DE RAZO.
13/08/2025. SIMULACRO DE SALVAMENTO en RAZO.
16/08/2025. CAMIÑANDO A RAZO
20/08/2025. O CEO ESTRELADO DE BALDAIO
23/08/2025. AS PEDRAS DE RAZO BALDAIO
26/08/2025. ROTEIRO INTERPRETATIVO DA FLORA INVASORA
30/08/2025. INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA DE NATUREZA en BALDAIO
SETEMBRO
06/09/2025. FORO RAZO BALDAIO
Atoparedes información detallada de cada actividade en carballo.gal, ben na sección de Medio Ambiente ou ben na portada, nos banners da parte inferior.

Deja un comentario