
Investirá máis de 140.000 euros na mellora da envolvente térmica do edificio, a instalación de novos sistemas de iluminación interior e na mellora dos sistemas de calefacción
O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora da eficiencia enerxética da escola infantil de Sergude, nas que investirá máis de 140.000 euros. Unha tripla actuación que inclúe obras de mellora da envolvente térmica do edificio, a instalación de sistemas de iluminación eficiente no seu interior e mellora dos sistemas de calefacción.
Así, para mellorar a envolvente térmica da escola procederase ao illamento exterior da fachada mediante SATE e ao illamento da cuberta e do baixo cuberta, mediante paneis de fibrocemento sen amianto e a través dun falso teito illado. Ademais, substituiranse as fiestras por outras de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre.
En canto á iluminación interior, cambiaranse as luminarias por outras novas tipo LED máis eficientes. Ademais, instalarase un sistema de control e regulación do alumeado. Finalmente, cambiaranse os actuais radiadores eléctricos móbiles por un sistema de calefacción mediante bomba de calor, máis eficiente e ecolóxica.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.