Friday 27 de June de 2025

O segunda edición do festival Salmoira encherá de cor as fachadas de Ribeira


Despois dunha exitosa primeira edición o festival retoma a súa actividade nesta segunda edición con novos artistas do arte mural urbano como Lidia Cao, Mon Devane, Fernando Yáñez e como novidade a intervención de colexios e asociacións locais.

A concelleira de Cultura manifestou que esta segunda edición do Festival Salmoira, “comeza para consolidarse, aínda máis; con artistas do mundo do mural galegos e galegas moi consolidados e que traspasan fronteiras”.

Vaise a intervir, e estase a intervir en diferentes espazos do municipio; e como novidade nesta edición, vaise a incluír unha nova categoría; “Zona *Pios” para murais máis pequenos ou amater, demandados por diferentes colexios e asociacións locais. Alberte concretou que “inaugurou esta “Zona Pios” na avda. do Ferrol, o Festival Bruón, temos tamén o mural que se está a facer na praza de España; no que colaboran, Amicos, a Creba e O CEIP O Grupo, un mural que fixeron o CEIP Heroínas de Sálvora en Aguiño, un mural en Frións pintado polo Colexio Bayón e outro en Artes feito polo CEIP de Artes”.

Por outra banda a concelleira pasou a presentar os muralistas de gran formato, comezou falando de Mon Devane “un recoñecido muralista ourensán que fará un mural homenaxe ás cantareiras na rúa Miguel Rodríguez Bautísta”. Teremos a Lidia Cao que intervirá no mes de xullo “nunha gran fachada do Malecón”, Lidia é oriúnda de Ordes e seu estilo son personaxes femininos acompañados de estampados en tonalidades azuis, morados e mostaza. Para finalizar Antía presentou a Fernando Yáñez o coñecido pintor que usa a arte para loitar contra a enfermidade de Dent; “neste caso intervirá como artista” na rúa Canarias cun mural adicado a Castelao na súa faceta máis figurativa nun ano no que se celebra os 75 anos do seu pasamento.

Para rematar a presentación a concelleira concluíu que “o suma das obras do festival teñen como fío condutor; mostrar unha historia dunha vila galega mariñeira vinculada ao mar e á salmoira”.
Tense previsto que para o comezo da Festa da Dorna os murais xa estean rematados.

Deja un comentario