Thursday 26 de June de 2025

O Concello de Ribeira está instalando unha nova cuberta na bancada norte do Campo de Fútbol da Tasca en Aguiño


Segundo fontes do Concello de Ribeira, no día de onte, o concelleiro de Obras, Xabier Vidal visitou a parroquia de Aguiño para supervisar os traballos que se están realizando na cuberta norte do Campo da Tasca.

O concelleiro explicou que a cuberta da grada xa tiña un desgaste estrutural por mor do salitre e a intemperie, “xa que este campo está a cen metros do mar aberto”. A maiores a mesma cuberta o 8 de marzo coa borrasca “Jana” sufriu un desprendemento dunha chapa metálica duns seis metros de longo, soltouse e quedou só agarrada por unha única ancoraxe, co que corría serio perigo de saír voando; bombeiros do parque de Ribeira, coa colaboración dos membros do GAEM, subiron á cuberta para quitar esa chapa metálica que deixou á bancada sen seis metros de cuberta.

Polo tanto a concellería de Obras está nestes días, procedendo á proxección dunha nova estrutura para integrar o novo material da cuberta que irá co acabado en HPS (High Pressure Laminate) cunha garantía de 20 anos.

Deja un comentario