
O Concello de Fene en colaboración coa fundación Cibervoluntarios organiza dous campamentos dixitais, dirixidos a mozos/as de 9 a 17 anos, entre o 16 de xullo e o 14 de agosto. As inscricións realizaranse no centro municipal de Servizos Sociais de forma presencial, do luns 30 de xuño ao 14 de xullo para calquera dos dous obradoiros. A formación será de balde pero os/as participantes deberán acudir con tablet ou ordenador propio.
Os Campamentos Dixitais son actividades extraescolares en competencias dixitais dirixido a nenas, nenos e adolescentes de entre 9 a 17 anos. A duración dos mesmos é dez sesións cun total de 30 horas de formación. E neles, a aprendizaxe está plantexada coma un xogo a través dunha aventura interactiva, na que a rapazada deberá completar etapas e cumprir misións para conseguir logros.
Os materiais e recursos educativos estarán adaptados aos diferentes grupos de idade: De 9 a 13 años; e de 14 a 17.
Os talleres a desenvolver son os seguintes:
Grupo I: de 14 a 17 años
Datas:do 16.07.2025 ao 30.07.2025. de luns a venres.
Horario: 10:00-13:00h.
Lugar: Aula de informática. Avda Naturais nº 44 entresollado- Fene.
Os contidos a traballar neste taller son os seguintes:
Cómo equilibrar os tempos que pasan usando dispositivos electrónicos
O uso consciente e responsable da Internet e as redes sociais
Identificar os principais riscos nas redes, cómo protexer os seus datos persoais e manter a privacidade en entornos virtuais.
Onde atopar ofertas de emprego
Grupo II: de 9 a 13 anos
Datas: do 31.07.2025 ao 14.08.2025 de luns a venres.
Horario:10:00-13:00h.
Lugar: Aula de informática. Avda Naturais nº 44 entresollado- Fene.
Os contidos a traballar neste taller son os seguintes:
Usar palabras clave e preguntas completas nos buscadores web
As ferrramentas para crear contido dixital
Qué é un bulo, o seu impacto e cómo frear a desinformación
Recoñecer posibles riscos na Internet e cómo manterse seguros
Equilibrar o uso da tecnoloxía con actividades fora da pantalla
Cómo coidar a súa privacidade e as normas de comportamento nas redes sociais
Filtrar, gardar e compartir o contido que atopan en Internet
Detectar posibles situacións de ciberacoso e saber cómo previlas
Campamento Dixital é unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Xuventude e Infancia e o Alto Comisionado contra a Pobreza Infantil, financiado polos Fondos Next Generation da Unión Europea.
+ Información: Centro Municiipal de Servizos Sociais
Tel:981492706
web fenecidadan.gal
Correo electrónico : servizos.sociais@fene.gal
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.