Thursday 26 de June de 2025

O ciclo Cinenterraza regresa este mes de xullo ao Fórum Metropolitano poñendo o foco no cine de culto


As entradas para as oito sesións, que contarán con coloquios especiais, xa están á venda

O ciclo de cine Cinenterraza, que celebra a súa edición número 12, volve este mes de xullo ao Fórum Metropolitano cun repaso a grandes películas do xénero denominado ‘cult movies’ ou cinema de medianoite. “Desde o Goberno de Inés Rey promovemos iniciativas cinematográficas singulares ao longo de todo o ano para achegar á cidadanía grandes clásicos e filmes de moda, coa fin de facer máis doado o seu acceso a estas películas”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

O ciclo Cinenterraza permite gozar no Fórum Metropolitano de cine en versión orixinal e complementa unha oferta que se prolonga durante todo o ano con outras iniciativas municipais como o Documental do Mes ou Estreas en VO. As entradas para as oito sesións que se celebrarán neste mes de xullo, os mércores e os xoves con inicio ás 22.30 horas, xa están á venda a través de Ataquilla, a praza de Ourense ou o propio Fórum. O prezo, con carácter xeral, será de 3 euros, con desconto para persoas desempregadas, xubiladas ou usuarios de Carné Xove.

Cada sesión contará cunha persoa convidada e tras a proxección, que terá lugar no vestíbulo, haberá un coloquio aberto a todas as persoas asistentes. A selección das películas desta edición abrangue cinema de distintos períodos históricos cunha ampla variedade de xéneros e países.

Programación de Cinenterraza
2 de xullo de 2025
LA PASSION DE JEANNE D’ARC (La pasión de Juana de Arco), de Carl Theodor Dreyer
 Con María Falconetti e Eugene Silvain
 Francia, 1928
 110 minutos – VOSE
 Non recomendada para menores 13 anos
 Invitada: Carmen Branco Sanjurjo
3 de xullo de 2025
LLE SILENCE DA MER (El silencio del mar), de Jean-Pierre Melville
 Con Howard Vernon, Jean-Marie Robain
 Francia, 1949
 83 minutos – VOSE
 Apta para todos os públicos
 Convidado: Pablo Fontenla
9 de xullo de 2025
UNDER THE VOLCANO (Bajo el volcán), de John Huston
 Con Albert Finney e Jacqueline Bisset
 Estados Unidos, 1984
 109 minutos – VOSE
 Non recomendada para menores 13 anos
 Convidado: Moncho Bargo
10 de xullo de 2025
OHAYO (Buenos días), de Yasujirö Ozu
 Con Chishu Ryu e Kujiko Miyake
 Xapón, 1959
 94 minutos – VOSE
 Apta para todos os públicos
 Convidado: Juanillo Esteban
16 de xullo de 2025
SCARLET STREET (Perversidade), de Fritz Lang
 Con Edward G. Robinson e Joan Bennet
 Estados Unidos, 1945
 97 minutos – VOSE
 Non recomendada para menores de 7 anos
 Invitada: Laura Seoane
17 de xullo de 2025
THE BROOD (Cromosoma 3), de David Cronenberg
 Con Oliver Reed e Samantha Eggar
 Canadá, 1979
 92 minutos – VOSE
 Non recomendada para menores 16 anos
 Invitada: Matilde Rodríguez
23 de xullo de 2025
THE ADICTION, de Abel Ferrara
 Con Lili Taylor e Christopher Walken
 Estados Unidos, 1995
 82 minutos – VOSE
 Non recomendada para menores de 18 anos
 Invitada: Cris Bal Boa
24 de xullo de 2025
SOMMAREN MED MONIKA (Un verano con Mónica), de Ingmar Bergman
 Con Hamet Andersson e Lars Ekborg
 Suecia, 1953
 93 minutos – VOSE
 Non recomendada para menores de 7 anos
 Invitada: Bea Lema

Deja un comentario