
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira tiveron que desprazarse na tarde deste pasado mércores ata a praza Maura, na parroquia de Caramiñal, no concello da Pobra, para a retirada dun niño de abellas.
Foi ás 19:05 horas cando o 112 deu o aviso indicando que un particular avistara un niño de avespas velutinas na fachada dun edificio. Os bombeiros acceden ao interior da vivenda ata chegar ao tellado para comprobar ante que insecto se atopan.
Finalmente, os bombeiros confirman que se trata dun niño de abellas e non de avespas velutinas, polo que informan á persoa alertante de que non poden matalas e que precisan notificarlle a situación ao Concello para decidir con que procedemento continuar.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.