
O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, vén de asinar os convenios de colaboración coas emprendedoras promotoras das tres Casas Niño e as dúas Casas do Maior operativas nestes momentos no municipio. Uns acordos polos que o Concello achegará 600 euros a cada entidade para colaborar con calquera elemento relacionado co servizo: mobiliario, xogos, etc.
Frades conta na actualidade con tres Casas Niño: Garatuxa (Vitre), Axóuxere (Galegos) e Xoaniña (Abellá); e dúas Casas do Maior: O Noso Fogar (Galegos) e Sorrisos (Abellá).
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.