Wednesday 25 de June de 2025

Mila Castro preguntará no pleno polo millón de euros compromeTIdo pola Deputación da Coruña á Asociación de Empresarios do Tambre


• A concelleira non adscrita lembra que o ente provincial prometera en marzo de 2023 unha liña de financiamento ao Bipolo da Sionlla por ese importe que nunca se chegou a materializar

• “A asociación, tendo a seguridade de que ía recibir ese impulso económico, incorreu en gastos que pretendía asumir con cargo a ese crédito” lamenta Castro que reclama ao goberno local que se implique nesta esixencia á Deputación

A Asociación de Empresarios do Tambre agarda desde marzo do 2023 unha liña de financiamento anunciada pola Deputación de A Coruña por un importe de un millón de euros. Unha inxección financeira, que fora comprometida por parte do ente provincial directamente á Asociación, e da que ían dispoñer, segundo esas mesmas conversacións, a parEr dese mes de marzo a través da aprobación en pleno dun expediente de modificación de créditos.

“Porén, esa transferencia de crédito nunca foi aprobada, e nos sucesivos orzamentos do 2024 e 2025 non se incluíu ningunha partida para efectuar este pago” cuestionou este mércores Mila Castro que preguntará no pleno municipal polos trámites realizados polo goberno local para instar ao ente provincial a efectuar este pago comprometido. De feito, a concelleira non adscrita advirte de que, desde a asociación, ao prever este ingreso “incorreron en gastos que pretendían asumir con cargo a ese crédito”, unha situación que “agrava, e de que maneira, a situación”.

Castro interpelará así ao execuEvo de SanmarQn para saber se realizou algunha xestión coa Deputación para que se efectuara este pago e, de non ser así, “deberá facelo de inmediato”, máxime cando “o propio BNG forma parte dese goberno provincial que comprometeu a axuda” lembra.

A asociación, pendente tamén dunha autorización do goberno local para a formalización dunha hipoteca

Os concelleiros non adscritos rexistraron tamén para este pleno unha pregunta de resposta escrita para coñecer o estado no que se atopa outra cuesEón que afecta ao proxecto do Biopolo da Sionlla: a autorización por parte do goberno local para a formalización dunha hipoteca. Segundo explican, a parcela na que se localizan as instalacións do Biopolo son froito dunha cesión por un período inicial de 25 anos, para
así facilitar que a Sionlla Biotech -a sociedade consEtuída para a posta en marcha do proxecto- puidera solicitar unha hipoteca, imprescindible para lanzar a iniciaEva.
“Desde a Sionlla Biotech non teñen resposta por parte do goberno municipal sobre esta autorización solicitada, do mesmo xeito que levan agardando meses a que se devolva o aval depositado como garantia do cumprimento das obrigas relacionadas coa obra finalizada no ano 2023” critica Castro. Ante estes feitos, a concelleira non adscrita reclamará unha maior implicación por parte do goberno local en ambos asuntos, recalcando o carácter estratéxico do proxecto do Bipolo para Santiago, “como un proxecto que xera emprego, impulsa o crecemento industrial de Santiago, fomenta a diversificación económica do noso Concello e dótanos de oportunidades de futuro para reter o talento que forma a USC”.

Deja un comentario