Wednesday 25 de June de 2025

O PSdeG de Santiago destaca o impacto histórico da nova Estación Intermodal e salienta o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa cidade


O novo complexo intermodal, que leva o nome de Daniel Castelao, supón unha transformación clave na mobilidade urbana e interurbana de Galicia.

A infraestrutura, cun investimento superior aos 40 millóns de euros, reforza a posición de Santiago como principal nó de transporte do país e exemplifica o compromiso do Goberno central coa cidade.

O voceiro do Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela, Gumersindo Guinarte, destacou hoxe a importancia histórica da inauguración da nova Estación Intermodal da cidade, que levará o nome de Santiago de Compostela–Daniel Castelao, como “un antes e un despois na mobilidade en Santiago de Compostela”.
Segundo indicou Guinarte, esta infraestrutura supón unha inversión superior aos 40 millóns de euros, aos que hai que engadir os investimentos previos realizados para garantir o acceso da alta velocidade á cidade. “É unha obra que manifesta con obras e non con palabras o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez con Santiago de Compostela”, sinalou.

A nova Estación Intermodal permitirá facer efectiva a conexión entre o transporte por estrada e o ferroviario, consolidando a Santiago como o principal nó de comunicación de Galicia. “Hai que lembrar que a estación de Santiago é a que máis pasaxeiros move de toda Galicia, tanto por ferrocarril como en autobús”, subliñou o voceiro socialista.

Guinarte tamén puxo en valor o impacto urbanístico e social da infraestrutura, que culmina a integración efectiva entre os barrios de Pontepedriña e o Ensanche, mellorando a accesibilidade entre ambos lados da cidade e dándolle plena utilidade á pasarela xa existente. “É unha instalación magnífica, con acabados e funcionalidade extraordinarios”, afirmou.

O representante socialista aproveitou para lembrar outras actuacións do Goberno de España en Santiago, como o Orbital, o acceso da autopista a Cidade da Cultura, as futuras obras no aeroporto Rosalía de Castro e o proxecto do Orbitaliño, actualmente en proceso de licitación.

Actuacións que poñen “de manifesto o compromiso con feitos do Goberno de Pedro Sánchez con Santiago de Compostela”, concluíu Guinarte.

Deja un comentario