Wednesday 25 de June de 2025

Unha persoa ferida tras unha saída de vía na parroquia de Coucieiro, no concello de Muxía


Os bombeiros do parque provincial de Cee foron requiridos ás 05:25 horas desta madrugada por unha saída de vía na DP2303 ao seu paso pola parroquia de Coucieiro, no concello de Muxía. O incidente saldouse cunha persoa ferida.

Foi o 112 quen deu o aviso. Tras chegar ao lugar dos feitos os bombeiros decátanse que a única persoa ocupante do vehículo xa está fóra do mesmo, aínda que o coche se atopaba envorcado e apoiado sobre o teito. Ademais, debido ao forte impacto, caeu un poste de cemento que sustenta unha liña de media tensión.

Os bombeiros procederon á sinalización e iluminación da zona así como á regulación do tráfico mentres que a vítima foi atendida polo 061 para ser posteriormente derivada ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Tras o remate dos traballos quedaba pendente a chegada dos operarios de Naturgy para restablecer o servizo.

Deja un comentario