
O próximo domingo 29 de xuño, o campo municipal A Marola acollerá as finais da Copa Deputación, nunha xornada decisiva para o fútbol provincial. O Victoria e o Boiro xogarán a final feminina ás 10:30 h, mentres que o Negreira e o Montañeros loitarán polo título masculino ás 12:30 h.
Na semifinal feminina, o Victoria impúxose con claridade ao Dumbría (4-0), mentres que o Boiro acadou o pase tras vencer ao Val por 0-1. Na categoría masculina, o Negreira superou ao Dumbría (5-2) e o Montañeros fixo o propio co Galicia Mugardos (1-3), clasificándose ambos para a gran final.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.