
Hoxe tivo lugar a rolda de prensa para anunciar os actos que ten preparado o Concello de Ribeira para o Día do Orgullo que se celebrará o vindeiro sábado 28 de xuño.
Para a presentación acudiron, a concelleira de Igualdade e Diversidade, Cruz Rivadulla, a asesora legal do CIM (Centro de Información á Muller de Ribeira), Dolores Crujeiras, o responsable de Musieventos, Ángel Blanco e José Manuel Martínez, integrante da Asociación Xiradiscos.
A concelleira anunciou que aparte de ser un día para celebrar, “é un día para reivindicar os dereitos de todo un colectivo LGTBI e creemos que con este tipo de actividades, informamos á sociedade coa intención de crear un clima de tolerancia na veciñanza con este colectivo”. As actividades para o sábado 28 serán como o ano pasado, abrindo cun acto institucional no Centro Cultural Lustres Rivas “onde este ano teremos de pregoeiro ao veciño Rafa Moraña”; activista de persoas xordas LGTBI., profesor xubilado, tamén profesor do ciclo de Intérpretes de Lingua de Signos e de Mediación Comunicativas, membro da xunta directiva de la Asociación de Persoas Xordas de Vigo e exmembro da xunta directiva da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.
Despois do acto institucional ás 13:00 horas terá lugar un “Pasarrúas Discocleta” no centro urbano de Ribeira con animación na rúa, xa ás
21:00 horas na praza da Porta do Sol terá lugar unha festa nocturna onde colaboran Musieventos e a Asociación Xiradiscos que montarán un espectáculo de luz e son coa actuación disyoquei ribeirense Dj Nell que repasará os clásicos da música disco de varias décadas mesturado con himnos LGTBI. Tamén haberá unha pequena barra con bebidas solidarias e un vistoso fotocol para compartir nas redes co hashtag #ribeiraconorgullo.
Na Biblioteca Municipal terá lugar unha exposición bibliográfica coa temática LGTBI.
Dolores Crujeiras informou que van a participar diferentes asociacións de Ribeira, “están convidadas tódalas asociacións e polo de agora confirmaron; a Cofradía da Dorna, Mulleres en Acción, Renacer, Cruz Vermella e a Asociación Amas de Casa. Crujeiras falou do pregoeiro desta edición, “Rafa representa a máis colectivos diversos, e creemos que é importante potenciar a interseccionalidade que hai coa diversidade”.
Ángel da empresa Musieventos dou as grazas ao Concello, ao CIM e á asociación Xiradiscos “por contar con nós”, e engadiu: “a nosa empresa, sempre que pode colabora con causas xustas e solidarias durante o ano”.
Para finalizar tódolos presentes animaron á veciñanza a colaborar cos actos do 28 de xuño.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.