
A cita celebrarase no teatro do cine Elma mañá, mércores 25 de xuño, a partir das 16.30 horas.
O evento está organizado polo Concello e Suelo Empresarial del Atlántico (SEA) en colaboración co Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana.
O teatro do cine Elma será mañá, mércores 25 de xuño, o escenario do II Foro Atlántico Empresarial. O evento, organizado polo Concello e Suelo Empresarial del Atlántico (SEA) en colaboración co Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana, buscará servir como espazo un espazo de reflexión no que os representantes das administracións, técnicos e empresarios poidan analizar e poñer en común a situación actual dos parques industriais”. Esta segunda edición do Foro contará coa presenza do alcalde, José Carlos Vidal, da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e da xerente de SEA, Beatriz Sestayo.
O rexedor será o encargado de inaugurar a cita ás 16.30 horas. Farao xunto á xerente de SEA e o presidente da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos da Pobra do Caramiñal, José Antonio Vidal Romero. A partir das 17.00 horas desenvolveranse as diferentes mesas-diálogo, que se prolongarán ata as 19.00 horas (cando está previsto o remate da última).
Ao longo destes debates abordaranse cuestións como a intelixencia artificial e a súa aplicación para as empresas, a solución á actual demanda de solo industrial, a empresa e a enerxía e a internacionalización das compañías. Para tratar estas cuestións contarase cun amplo número de expertos: o CEO en 2Ksystems, Pablo Rivera Somorrostro; a doutora e profesora de Dereito Civil da Universidade da Coruña, Belén Trigo; os avogados de SEA, José Rey Hermida e Antonio Quintela; os enxeñeiros técnicos industriais de Ireno Ingeniería y Energías Renovables, Rosa Salgueiro Rodríguez e Arturo Carrasco Iturra; e a directora territorial de comercio e ICEX en Galicia, Patricia Pérez Martínez. Ademais dos relatorios e explicacións dos profesionais, o público asistente terá tamén a posibilidade de expor as súas dúbidas e cuestións.
A clausura está prevista para as 19.00 horas, e correrá a cargo da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e da xerente de Suelo Empresarial del Atlántico.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.