Tuesday 24 de June de 2025

Inés Rey pon en valor o traballo conxunto de forzas e equipos de emerxencia no inicio das celebracións de San Xoán


A alcaldesa visitou o Centro de Mando Móbil da Coraza, desde onde se xestiona o dispositivo de seguridade

A alcaldesa, Inés Rey, supervisou esta tarde o traballo de supervisión que se leva a cabo no Centro de Mando Móbil instalado na Coraza para coordinar o dispositivo de seguridade da noite de San Xoán. Máis de 1.000 persoas participan este luns 23 nas tarefas de seguridade, limpeza e cultura e ocio.
“Como cada ano, a complexidade dunha celebración que reúne a máis de 150.000 persoas require dun dispositivo á altura, con todas as administracións e as súas forzas de seguridade e emerxencias traballando en conxunto e a pleno rendemento”, indicou Inés Rey, que destacou que ata o de agora non se rexistraron incidencias e todo transcorre dentro da normalidade.

Os efectivos despregados nesta xornada manteranse nas localizacións de anos anteriores, con servizos como o posto médico avanzado da Cruz Vermella ou as 12 cámaras de vixilancia dispostas ao longo do paseo marítimo. Ademais, haberá nas praias un servizo especial de salvamento e socorrismo, que disporá de dúas embarcacións para emerxencias.

A alcaldesa tamén visitou o parque de bombeiros e a base de Protección Civil para supervisar os seus propios dispositivos para esta noite. Haberá catro dotacións de Bombeiros repartidas pola contorna das praias, dúas máis na falla e outra no Centro de Mando Móbil. Ademais, haberá outras dúas dotacións preparadas no parque de Agrela en caso de ser necesarias. Tamén haberá un grupo de rescate acuático formado por 10 persoas e unha embarcación. Tamén haberá un servizo especial de salvamento e socorrismo. Establécense catro rutas de evacuación os centros hospitalarios para facilitar o desprazamento das ambulancias.

Deja un comentario