
Manuel Rivas, integrantes do OAR Coruña, familiares das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas e entidades culturais da cidade participaron xunto coa alcaldesa no acto de acendido da falla
Esta noite de San Xoán, segundo as primeiras estimacións, reúnense na contorna das praias de Orzán, Matadoiro e Riazor, así como nos barrios, a máis de 190.000 persoas. Un amplo dispositivo de seguridade e limpeza continuará activo durante as próximas horas para garantir o correcto desenvolvemento dos festexos.
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu o acto de acendido da falla na praia de Riazor. Fíxoo acompañada por Manuel Rivas, cuxa figura está presente na falla como homenaxe ao Premio Nacional das Letras 2024. Tamén estiveron presentes Carlos Resch e Diego Martínez, presidente e capitán do OAR Coruña. Por outra banda, tamén estiveron presentes familiares e achegados/as das cantareiras homenaxeadas no pasado Día das Letras Galegas Participaron Felicidad Casás, Rosa Casás, Jesús Casás, Montserrat Casás, Richi Casás e Rafa Casás, netos de Rosa Casás; Manuel García Casás, neto de Adolfina Casás; Juan José Alvite Castiñeira, fillo de Eva Castiñeira; e Isabel García, presidenta de Aturuxo. Tamén estiveron presentes representantes de distintas agrupacións de música tradicional da cidade: Aturuxo, Donaire, Xacarandaina, Cántigas da Terra, Son d’aquí e Pansenfron.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.