Tuesday 24 de June de 2025

Acto de clausura de Camiños de Coñecemento e Experiencia 2025


O pasado venres, 20/06/2025, a concelleira de Educación do Concello de Ribeira, Cruz Rivadulla, acompañou o alumnado de Ribeira no ao acto de clausura do IV Ciclo da USC, Camiños de Coñecemento e Experiencia 2025, no salón de actos da Facultade de Dereito da USC.

Na calorosa tarde do pasado venres unha representación dos máis de 700 alumnos e alumnas dos 25 concellos das catro provincias galegas asistiu ao acto de clausura do programa de democratización do coñecemento do IV Ciclo da USC para persoas maiores de 50. No acto diferentes concellos, quen recolleron os diplomas de cada localidade.

O acto académico desenvolveuse ao longo da tarde coa presidencia do vicerreitor de Transformación Dixital, de Gumersindo Feijoo, quen deu a palabra á representante do alumnado, Pilar Burke, quen se referiu á importancia da formación ao longo de toda a vida e agradeceu esta extraordinaria oportunidade que cada ano oferta de xeito gratuíto o IV Ciclo da USC. Logo foi a nosa querida directora do IV Ciclo, Programa Universitario de Maiores da USC, Esther Olveira quen tomou a palabra, agradeceu a implicación e o esforzo de todo o equipo da USC en chegar con este programa a todos cantos colectivos sociais maiores de 50 anos sexa, medrando en oferta formativa cada ano e agradeceu a participación do alumnado dicindo, “Sodes a voz que fai a universidade fóra das aulas, e recoñeceu a forte implicación da administración local.

Foi daquela a quenda para a Antón Acevedo, director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Xunta, Antón Acevedo, quen recoñeceu a importancia do programa para contribuír a que a nosa sociedade sexa máis sa, diversa e inclusiva.

Realizouse daquela entrega de diplomas que foron recollendo as persoas representantes dos distintos concellos.
Pechou o acto a intervención de Gumersindo Feijoo. O vicerreitor e catedrático de Enxeñería Química fixo un percorrido argumentado sobre a importancia da formación universitaria, facendo fincapé na relevancia da universidade pública, o modo de financiamento, a solidariedade, a economía sostible que dela mana, e a Universidade de Santiago como este centro de excelencia que fai posible que “Galicia brille” desde hai 5 séculos dentro e fóra das nosa fronteiras, e rematou recordando as palabras de Castelao, recollidas en Sempre en Galiza, “Vexo a Universidade de Santiago convertida en cerebro de Galiza, irradiando coñecemento e saber, máis alá dos lindeiros naturais da nosa terra”.

O concerto comentado do Coro da Universidade de Santiago foi o colofón de ouro a esta tarde de celebración do coñecemento. O profesor Mario Fiz fixo unha perfecta disertación sobre cada unha das pezas, desde a música monocorde e o xurdimento da harmonía no século XII recollida no Códice Calixtino, ata a polifonía de Britten para o seu coro de nenos, ata o Hallelujah de L. Cohen. Este percorrido pola historia da música vocal foi o marabilloso peche do acto de clausura.

Deja un comentario