
Os bombeiros do parque provincial de Betanzos sufocaron, onte, un incendio que se orixinou nunha finca situada na rúa do Rollo número 73, no concello de Betanzos. O persoal recibiu o aviso arredor das 18.25 horas e á súa chegada, procederon a extinguir o lume, que se producira nunha zona de maleza forestal. En total, arderon uns 500 metros cadrados.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.