
· A liña de subvencións é de 11.000 euros e está dirixida a sufragar gastos de compra de material escolar e comedor para o curso 2025/2026.
O Concello abriu hoxe, luns 23 de xuño, o prazo para solicitar as axudas de escolarización para as familias que se atopen nunha situación económica e social desfavorable. A convocatoria, que ascende a 11.000 euros, servirá para sufragar os gastos de adquisición de material escolar e comedor para o curso 2025/2026. A concelleira de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, sinala a importancia desta liña “coa que se busca apoiar a aquelas familias que, por distintas circunstancias, precisan axuda á hora de afrontar os gastos derivados do servizo de comedor ou da compra de material escolar”.
A convocatoria está dirixida ao alumnado matriculado en educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria da Pobra no curso 2025/2026. Estes estudantes deberán formar parte de unidades familiares incluídas en programas de intervención familiar dos Servizos Sociais ou cunha grave situación de desvantaxe ou risco social. Entre os requisitos das persoas solicitantes fíxase o empadroamento e a residencia efectiva no municipio, o feito de ser pais, nais ou titores legais de rapaces e rapazas en idade escolar obrigatoria e uns límites de renda da unidade familiar no 2024.
O orzamento da convocatoria é de 11.000 euros, podendo outorgarse axudas de ata 55 euros para material escolar. No caso do comedor escolar, sufragarase o custo total para aquelas de familias que formen parte dalgún programa de Servizos Sociais. No resto de supostos financiarase a metade do desembolso desta prestación.
O prazo de solicitude estará dispoñible ata o 11 de xullo (incluído). As solicitudes deberán entregarse, xunto coa documentación requirirda, no rexistro do Concello.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.