
O vindeiro sábado 28 de xuño celébrase o Día do Orgullo no que o Concello de Ribeira a través do CIM (Centro de Información á Muller) está organizando a programación deste ano e a maiores colaborando nesta charla; contribuíndo co soporte técnico.
O acto se vai a celebrar mañá martes 24 ás 20.00 horas na Porta do Sol e está organizada por Amnistía Internacional do Barbanza na que colaboran as asociacións locais Mulleres en Acción e Malas Herbas.
Á presentación acudiron, a concelleira Igualdade e Diversidade, Cruz Rivadulla, Jessica García, coordinadora de Amnistía Internacional Barbanza, nela Abella de Mulleres en Acción, Marisol Guevara de Mulleres en Acción e Amnistía Internacional e Laura Ríos da Asociación Malas Herbas
A concelleira considerou que aínda que se avanzou en reivindicacións e dereitos, “aínda existe no mundo moito polo que traballar”; indicou que hai países no que é ilegal ter calquera das condicións LGTBIQ+, “e mesmo perseguido”, Rivadulla puntualizou que a nivel estado tamén hai que mellorar porque “existen delitos constantes de odio contra este colectivo”. Rivadulla para rematar anunciou que Ribeira vai a ter unha serie de actividades para conmemorar esta data, “máis que conmemorar…”, indicou; “…para reivindicar os dereitos deste colectivo”.
Despois tomou a palabra a organizadora do acto Jessica García (Amnistía Internacional) que falou sobre o activista Yoelkis Torres presentándoo coma “un defensor dos dereitos humanos en Cuba, da diversidade sexual e tamén da identidade afrocubana”, explicou que Yoelkis está acollido en España dentro dun programa especial de Amnistía Internacional (España), “para protexelo das represión que sufría no seu país”. Anunciou que o acto en caso se choiva se trasladará ao C.C.Lustres Rivas, para rematar a súa intervención, animou a toda a xente do Barbanza a asistir a este acto e agradeceu as colaboracións das asociacións e do concello.
Nela Abella de Mulleres en Acción, salientou “a importancia de actividades coma esta que visibilizan, no só a diversidade e os colectivos que loitan pola mesma senón as múltiples trabas que a sociedade lle pon a estas persoas”. Marisol Guevara de Amnistía Internacional e de Mulleres en Acción anunciou que vai a ser un acto reivindicativo pero tamén lúdico e festivo e animou á xente a participar. Contarase co presenza da poética Marta Ojea que recitará uns poemas da temática LGTBI.
A charla como tal será en formato “entrevista pública” conducida por Laura Ríos da Asociación Mala Herbas que tamén terá carácter participativo por parte do público congregado.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.