
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha xuntanza co alcalde do municipio coruñés de Curtis, Javier Francisco Caínzos, para coñecer de primeira man as necesidades do concello nas áreas da súa competencia e analizar posibles colaboracións ao respecto.
Con este obxectivo, durante a reunión, o representante da Xunta afondou con este rexedor a posibilidade de proxectos a desenvolver en materia de dinamización da cultura ou para o impulso da lingua galega. De igual xeito, tamén abordaron accións vencelladas co patrimonio e aquelas de apoio á xuventude, tanto vinculadas coa súa formación como da área do lecer. Desta forma, López Campos continúa co seu achegamento ás administracións locais para abrir vías de colaboración que contribúan ao avance nestas cuestións.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.