Tuesday 24 de June de 2025

Neda licita por máis de 65.000 euros a pavimentación da vía entre Liñares e Galanos


Neda licita as obras de pavimentación do camiño entre Liñares-Riocobo-Galanos, lugares da parroquia de Anca. A intervención permitirá optimizar a seguridade nesta vía pública, que o Concello incluíu no Plan Camiña rural 2025 – 2026 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

A actuación, cun orzamento de licitación de 65.743 euros (IVE incluído), contempla a posta a punto dun camiño, cuxo firme se atopa, na actualidade, deteriorado polo uso. Trátase, en definitiva, de mellorar as condicións de tránsito da pista, que da acceso tanto a vivendas como parcelas agrícolas, e que conclúe nas inmediacións da igrexa dos Remedios.

Así, o plan de obras contempla tarefas de bacheado, limpeza de cunetas e aglomerado en quente ao longo de algo máis de un quilómetro (1.094 metros) da vía e, como colofón, os labores de sinalización horizontal.

As empresas interesadas en facerse co proxecto terán de prazo para presentar ofertas ata o 3 de xullo. Os pregos poden consultarse no perfil do Concello de Neda dentro da Plataforma de Contratación do Sector Público.

Deja un comentario