
Alternativa desvincúlase da proposta do BNG de realizar un gran complexo cultural metropolitado: os terreos da Cross son patrimonio da veciñanza de Culleredo.
O BNG de Culleredo e a proposta ao Pleno respecto da parcela da antiga Cross, coa que o PSOE constrúe castelos no aire, e onde queren incluír ao Concello de Oleiros para que xunto co de Cambre se cree unha gran infraestrutura cultural metropolitana; non é viable.
O BNG de Culleredo debeu informarse ben antes de incluír ao Concello de Oleiros na proposta mencionada xa que no municipio antedito existen 8 bibliotecas, varios edificios administrativos e estase a construír un gran multiusos en Bastiagueiro.
Os edificios da Cross e os terreos lindeiros fanlle falta a Culleredo para dotar á veciñanza das diferentes necesidades culturais, deportivas, sociais e de lecer das que carece e que leva o goberno municipal prometendo ao longo destes 40 anos.
O patrimonio dos veciños non se lle pode regalar a ninguén, vestíndoo de promesas de emprego que nunca serán unha realidade, para isto o Concello xa dispón dos polígonos comerciais e industriais.
Se o Concello quere que as naves e terreos da Cross se modifiquen algún día, ademais de equipamentos municipais, pode considerar a posibilidade de facer vivenda de aluguer público, así nunca perdería a titularidade dos mesmos e crearía un gran servizo para a veciñanza de Culleredo.
O goberno municipal di que as parcelas e as naves non están sendo utilizadas directamente polo concello e engade que o uso directo sería dificilmente viable pola inversión económica que tería que soportar o Concello.
O concello de Culleredo non ten plan de urbanismo e por tanto non pode alterar as cesións urbanísticas de anteriores plans parciais que fixaban as cesións públicas para servizos sociais, culturais, deportivos etc.
O descaro do goberno municipal de Culleredo nos argumentos para “regalar” os terreos da Cross e as naves, chega a afirmar que é necesario modificar os usos das parcelas públicas por quedar obsoletas… o único que está obsoleto é o Plan Xeral de Culleredo que non existe, a pesar de aprobarse a súa tramitación no 2008 e 17 anos despois segue metido nun caixón.
O goberno municipal non foi quen, desde 1997, de poñer en servizo público as parcelas e naves ubicadas na mellor zona do Burgo.
Desde Alternativa dos Veciños presentaremos os correspondentes recursos técnicos e xurídicos que demostrarán a ilegalidade que se pretende cometer co patrimonio público. Sería bo tamén que a Xunta de Galicia, en lugar de avalar o negocio que se pretende, efectuara un informe xurídico urbanístico e un informe sobre o patrimonio cultural e industrial das naves consideradas e catalogadas como Ben de Interese Cultural.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.