
O Concello de Oleiros outorgará as licencias nas próximas semanas para comezar a construción das vivendas protexidas en Perillo e Xaz, mentres continúa aberto o prazo para solicitar vivenda na promoción de Mera.
Completouse o proceso de solicitudes para as vivendas protexidas en cooperativa impulsadas polo Concello de Oleiros en Perillo e Xaz, cun total de 21 e 92 solicitudes respectivamente. Unha vez tramitadas as licencias municipais, está previsto que as obras dean comezo no prazo aproximado dun mes.
En canto á promoción de Mera, a súa tramitación sufriu un pequeno retraso debido á modificación de uso dos baixos como vivenda. As vivendas de Mera estarán situadas nunha parcela céntrica, detrás da Perla, nunha urbanización de recente construción. Neste momento, quedan dispoñibles 9 vivendas, algunhas delas roldan os 200.000 euros con tres habitacións, terraza, dúas prazas de garaxe…
As cooperativas teñen solicitado á Xunta de Galicia unha subvención de 10.000 euros por vivenda, debido á liña de axudas convocada recentemente; polo que o prezo final podería verse reducido.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.