
Uns sesenta maiores participaron na Festa Ibicenca coa que o Concello de Brión pechou a temporada dos Bailes dos Domingos 2024-2025. Unha gran festa que tivo lugar na tarde de onte domingo no centro social polivalente brionés e que serviu de despedida ata primeira semana de outubro, cando se volvan retomar estas xornadas para o curso 2025-2026.
Os maiores de Brión participaron vestidos totalmente de branco e desfrutaron dunha xornada che de festa e boa compañía. A música en directo púxoa a cantante local Ruth Cundíns. A concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero, agradeceu a participación dos maiores de Brión “tanto na xornada de onte como durante todo o ano” e aproveitou para lembrar que agora en xullo dan cone nas Xornadas de Verán para maiores de 60 anos.
Xornadas de Verán
Unha iniciativa que terá lugar ao longo do mes de xullo e que inclúe catro excursións, dúas a Ribadavia e outras dúas a Mondoñedo, dirixidas a veciñanza de máis de 60 anos e cónxuxes empadroados no Concello de Brión por un prezo de 15 euros por persoa e excursión. “Mantemos un programa que tivo unha gran acollida o ano anterior e melloramos nun aspecto que nos indicaron os propios maiores: optamos por repetir os destinos, de forma que todos os veciños poidan visitar os dous destinos e non como o ano pasado, no que tiñan que elixir dous de catro”, explica Rosa Romero.
Así, as datas para a excursión a Ribadavia son o mércores 2 de xullo e o martes 22 de xullo. Unha viaxe con guía que inclúe unha visita e degustación dunha adega da zona. En Laias terá lugar o almorzo buffet e visitarase non só Ribadavia, senón tamén O Carballiño. No caso de Mondoñedo, as saídas terán lugar o martes 15 de xullo e o mércores 30 de xullo. Inclúen visita guiada á catedral e ao Museo da Imprenta… almorzo en Ribadeo e visita guiada á vila pola tarde.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.