
O alumnado da Escola Municipal de Danza do Concello de Oleiros representou no Teatro Colón Unha Viaxe á antiga Grecia. Foi un espectáculo extraordinario, dunha elevadísima calidade artística, que dá conta do talento dos rapaces e rapazas e da calidade do ensino que presta o Concello a través da Escola Municipal de Danza, cun excelente profesorado e baixo a extraordinaria dirección de Lara Fenoll.
Esta escola, xunto coas de música e teatro, é un dos mellores exemplos da política cultural do Concello; auténticos viveiros artísticos nos que centos de persoas, principalmente nenos e mozos, se forman e desenvolven as súas habilidades creativas. Ademais da formación, as escolas municipais son capaces de realizar espectáculos de primeirísimo nivel como os que se puideron presenciar durante os últimos días. O fomento da cultura e a arte nunca é un gasto, é un investimento en liberdade e educación.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.