
Máis dun cento de persoas participaron na noite do venres nun concerto ofrecido pola Banda Municipal de Lousame e alumnado da orquestra, banda e coro do Conservatorio Profesional “Felipe Paz Carbajal” de Noia. Unha actuación que tivo lugar na praza Teodomiro Hidalgo de Lousame, organizado pola Asociación Cultural Prudencio Romo en colaboración co Concello de Lousame.
Durante algo máis dunha hora, lousamiás e noieses actuaron de forma conxunta, interpretando distintas pezas como Lenda de Maracaibo, Alborada, Negra Sombra, Of castles anda legends ou a Muiñeira dos Pendellos. Un acto presidido pola presidenta da Asociación Cultural Prudencio Romo, Isabel Molares, e a alcaldesa lousamiá, Teresa Villaverde. E é que, unha vez rematada a sesión plenaria extraordinaria, os concelleiros do Equipo de Goberno e do PSOE se sumaron ao concerto.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.