
Este mediodía pechou curso a escola de música moderna que dirixe Xoán Leis en San Sadurniño. Foi unha clausura chea de pezas de distintos estilos, interpretadas con grande mestría por persoas de todas as idades.
Ademais de rock, pop, bandas sonoras e folc, entre outros, tamén tivemos a poesía de María Teresa Pouso e a actuación do grupo de cantos de taberna, que atendeu o convite para facer aínda maior a festa vivida na Casa da Cultura antes do xantar.
Recordade que as restantes escolas municipais -gaita, pandeireta, baile e ximnasia de mantemento- irán finalizando as clases esta semana e farán unha despedida de curso conxunta o venres a partir das 19:00h nos xardíns municipais. A programación pode consultarse aquí.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.