Monday 23 de June de 2025

Accidente de tráfico mortal entre un coche e unha moto no Castro do Porto, no Concello de Santa Comba


Os bombeiros do Parque Comarcal de Santa Combra foron requiridos esta mañá, ao redor das 12:15 horas, nun accidente de tráfico entre un coche e unha moto no Castro do Porto, no Concello de Santa Combra.

Na súa chegada, atopáronse ao motorista ferido na calzada e comprobaron as súas constantes vitais, vendo que respiraba aínda con moita dificultade e nun estado moi grave. O operativo púxose en contacto co 112 e co helicóptero para solicitar asistencia médica, pouco despois da súa chegada a vítima xa falecera. Os bombeiros continuaron o seu traballo coa sinalización e limpeza da calzada.

Completaron o operativo a Garda Civil de Tráfico, o 061 de Santa Comba, o SMPC de Santa Comba e o Helicóptero do 061.

Deja un comentario