
O obradoiro “E iso de queer, que é?” organizado polo Concello de San Sadurniño coa colaboración de Avante LGTBI+ Ferrolterra e da AVV O Castelo, dentro das actividades co gallo do 28X, Día do Orgullo.
Tal e como se explicou na sesión, “Queer” é unha palabra do Inglés que funciona como un paraugas para acubillar todos os xeitos de ser e sentir que se afastan do “hetero” maioritario na sociedade.
No obradoiro víronse conceptos como xénero, sexo, orientación, identidade e expresión, ademais de indagar sobre eles para compoñer despois unha pequena revista feita con recurtes de prensa a modo de reflexión sobre a identidade das persoas participantes.
As actividades organizadas por San Sadurniño En Igualdade continúan o venres con outros dous obradoiros nos que colabora a Asociación Cultural Brío, e o sábado cunha nova entrega en youtube do videopodcast Falando sen cancelas. Tedes toda a info en sansadurnino.gal.
E hoxe tamén se está disputando a segunda xornada do XIX Torneo de fútbol 8 que organiza o C.F San Sadurniño. Neste día é a quenda dos equipos benxamíns, que teñen unha temperatura moi agradable para xogar e para estrear a temporada da piscina municipal, que é, xunto coa fantástica organización do club, un dos grandes alicientes do torneo.
Mañá domingo, último día, xogaranse os partidos da categoría alevín. Tedes máis información sobre os horarios na web www.sansadurnino.gal
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.