
― O obxectivo da intervención é a construción dunha senda peonil en Pazos, na marxe esquerda da estrada AC-419, entre o punto quilométrico 2+990 e o 3+350
― O proxecto tamén abrangue a habilitación dunha zona de aparcamento, dous pasos de peóns e un reforzo da sinalización
― O Goberno galego financiará estes traballos coa achega do 70% do orzamento, e o Concello aportará o investimento restante, preto de 120.000€
― As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o 16 de xullo
― A intervención englóbase nas actuacións de urbanización e mellora de espazos públicos que contempla o Plan Hurbe
A Xunta vén de licitar por un importe de 348.516 euros a execución das obras dunha senda peonil en Pazos, no concello de Ponteceso.
A actuación obxecto de contratación, ten como obxectivo a construción dun itinerario peonil na estrada AC-419, no treito que vai desde o punto quilométrico 2+990 ata o 3+350.
Executaranse unha senda peonil pola marxe esquerda da travesía, unha zona de aparcamento, dous pasos de peóns e un reforzo da sinalización existente.
Estas intervencións pretenden mellorar a seguridade viaria na zona de circulación, dar continuidade ao itinerario peonil existente e executar pasos de peóns seguros.
As empresas interesadas neste contrato poderán presentar as súas ofertas ata o 16 de xullo.
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas financiará estes traballos coa achega do 70% do orzamento, e o Concello de Ponteceso aportará o investimento restante.
Este proxecto desenvólvese ao abeiro do Plan Hurbe, un programa da Xunta que impulsa actuacións de mellora de contornas urbanas, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos para contribuír á revitalización do territorio. En concreto, a actuación englóbase nas actuacións de urbanización e mellora de espazos públicos que se inclúen neste programa.
Este programa impulsado polo Goberno galego tamén posibilita reforzar o atractivo das aldeas, vilas e municipios, o que redunda na mellora da calidade de vida da veciñanza, no reforzo da competitividade económica e na fixación de poboación, especialmente no rural.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.