
― O obxectivo desta intervención é incrementar o fluxo do tráfico entre estas dúas estradas autonómicas e por conseguinte, reforzar a seguridade viaria na zona
― Nos vindeiros días asinarase o contrato destas obras e previse o inicio das mesmas entre finais de xullo e principios de agosto
― Os traballos, cun prazo de execución de cinco meses, permitirán dotar esta zona dunha rotonda que contribuirá a favorecer a fluidez do tráfico
― Actuarase nos treitos de acceso e saída da glorieta e tamén se intervirá nos entronques do viario local á glorieta
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou por un importe de 341.500 euros as obras de execución dunha glorieta na estrada da AC-862 coa AC-115 en Xuvia, no concello de Neda.
Este contrato, adxudicado á empresa José No Mantiñán e Hijos Construcciones, asinarase nos vindeiros días, co obxectivo de comezar as obras entre finais de xullo e principios de agosto.
A Xunta prevé ter executadas as obras para finais de este ano, ao contar cun prazo de execución de 5 meses e ter realizados os actos expropiatorios necesarios para executar as obras.
O obxectivo da actuación é incrementar a fluidez do tráfico na intersección entre a vía autonómica AC-862 e a AC-115, en Neda, actualmente regulada por semáforos.
Trátase da execución dunha nova glorieta á altura do punto quilométrico 7+280 da estrada AC-862, que terá unha circunferencia de radio 16 metros no anel exterior da calzada, e 8 metros de diámetro no anel interior e permitirá regular a intersección actual dun modo máis funcional e seguro, contribuíndo á redución da velocidade nesa contorna.
A actuación incluirá a continuación dunha beirarrúa accesible ao longo da AC-862, cara á marxe esquerda da estrada autonómica.
A intervención completarase coa obra dunha nova beirarrúa dun ancho mínimo de 1.80 metros, xunto coa conformación dunha zona verde no entroncamento do camiño municipal.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.