Sunday 22 de June de 2025

O pleno de Laxe aproba o Plan Económico Financieiro e o Orzamento para 2025


✅ O grupo de goberno do Partido Popular saca adiante os principais documentos económicos co apoio dos seus concelleiros e a abstención da oposición.

O Concello de Laxe celebrou na tarde de onte unha sesión plenaria extraordinaria na que se aprobaron dous puntos fundamentais para o futuro económico da vila: o Plan Económico Financeiro (PEF) 2025/2026 e o orzamento municipal para o exercicio 2025, cun importe total de 3.428.901,87 euros.

Ambos documentos saíron adiante cos votos favorables do Partido Popular e a abstención dos grupos da oposición. O alcalde, Paco Charlín, destacou “a responsabilidade e compromiso do goberno local para garantir a estabilidade financeira do Concello, manter os servizos públicos e continuar impulsando investimentos clave para o desenvolvemento do municipio”.

O orzamento aprobado recolle actuacións destacadas en todos os ámbitos municipais, entre eles os servizos sociais, o mantemento de infraestruturas e as inversións reais previstas dentro do Plan Único (POS 2025). O documento contempla tamén os gastos derivados do persoal e servizos básicos, así como subvencións e transferencias correntes que aseguran o funcionamento ordinario do Concello.

A aprobación do Plan Económico Financeiro 2025/2026 responde ao cumprimento da normativa vixente en materia de estabilidade orzamentaria, sendo un instrumento que permite garantir o equilibrio das contas públicas a medio prazo.

Deja un comentario