
O persoal do parque provincial de Carballo colaborou co 061 para o traslado dun home por mor dunha caída dun cabalo nunha zona forestal na parroquia de Soandres, no Concello da Laracha.
O lugar do accidente, unha zona forestal en Soandres, era de difícil acceso para o persoal sanitario co seu vehículo polo que o 061 precisou da colaboración do equipo do parque provincial de Carballo para acceder ao lugar no que estaba o home e prestarlle asistencia. A persoa ferida puido ser trasladada nun dos vehículos do equipo de bombeiros ata ambulancia para o seu posterior traslado ao CHUAC xa no vehículo sanitario.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.