
A instalación, situada xunto ao albergue de peregrinos, funcionará a diario ata mediados de outubro
Neda abrir hoxe ao público a súa caseta de turismo, situada xunto ao albergue de peregrinos. A nova instalación localízase en pleno Camiño Inglés, unha ruta xacobea que está de moda, e atrae cada ano a milleiros de peregrinos á vila. O servizo municipal de recepción e atención aos visitantes estará operativo todos os días ata mediados de outubro.
O Concello estreaba este mediodía a pequena caseta, construída en madeira, na que, a partir de agora, prestará atención o persoal contratado, ao abeiro da subvención concedida pola Deputación da Coruña.
Neda contará con persoal especializado durante catro meses, co obxectivo de mellorar a acollida ao turista durante o verán, optimizando a información en destino sobre os principais puntos de interese (fervenza do Belelle, casco antigo de Neda, miradoiro de Ancos, festa do pan de Neda…) e tamén sobre a oferta cultural e de restauración locais.
Trátase pois dunha aposta por mellorar a experiencia das persoas que pasan pola localidade durante a tempada alta, buscando que queiran volver. Ademais, o servizo converterase, durante o tempo de apertura, no punto de recepción dos peregrinos que busquen información ou que queiran pernoctar na instalación turística local.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.