
As obras saíron a licitación cun valor estimado de contrato de 36.763,81 euros.
O Concello acaba de sacar a licitación o proxecto de pavimentación da vía de acceso ao polígono industrial da Tomada. En concreto, as obras levaranse a cabo na estrada que une a rotonda de entrada ao parque industrial e a situada na avenida da Tomada. O valor estimado do contrato é de 36.763,81 euros e, unha vez adxudicadas, as intervencións terán un prazo de execución dun mes.
A concelleira de Obras, Patricia Lojo, sinala a importancia destas actuacións “coas que se continúa mantendo unha aposta decidida por reforzar as condicións de seguridade mellorando, ademais, o acceso ao noso parque industrial, un motor económico para o municipio”.
Na actualidade, e a pesar dos traballos de rebacheo que se executaron no lugar, a vía presenta un estado de conservación deficiente. Con estas intervencións, o Concello renovará a calzada por completo, acometendo tanto o fresado de pavimento de aglomerado asfáltico como o pintado da sinalización.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.