Sunday 29 de June de 2025

Unha tonelada de crustáceo para degustar na capital do percebe


Hoxe se presentou a vixésimo sexta edición da Festa do Percebe de Aguiño que se celebrará o domingo 27 de xullo. Á rolda se prensa compareceron, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, o Patrón Maior do Pósito de Aguiño, José Antonio Santamaría, o presidente de Mariscadores da Confraría, Manuel Ángel Reiriz e a edil, Juana María Brión.

Vicente Mariño como é tradicional tirou do seu slogan “Aguiño, capital galega do percebe”, e de “gran calidade”, engadiu. Mariño explicou que neste ano a concellería de Mar é a que apoia este evento cunha importante dotación económica. Tamén defendeu que “é unha festa que hai que traballala para que un día chegue a ser Festa de Interese Turístico Nacional”.

O Patrón Maior desculpouse polo atraso na presentación este ano, “ten os seus motivos loxicamente” explicou; polos diferentes eventos trazados pola Confraría no seu Centenario, o oitenta aniversario do naufraxio do Cartaxena e tamén por todo o traballo de documentación “para facer realidade a publicación do libro da historia da Confraría escrito polo catedrático de Historia e Percebeiro de Honra na pasada edición, Daniel Bravo”.

Santamaría referiuse á propia festa na súa vixésimo sexta edición tirando tamén dunha frase recorrente, “a festa non depende de nós, senón das mareas”. Comezará o día 27 de xullo ás 12:00 horas na lonxa do porto, o pósito sinalou que a data da festa “sempre se determina polas mareas”. En canto ao prezo indicou que “aínda se está a traballar nelo” pero estímase “que se manterá o mesmo coa mesma cantidade de 350 gr”; a propia filosofía da festa está en atopar un bo equilibrio entre calidade e prezo porque nós “o que queremos e que a xente probe o noso produto e comprobe a calidade do mesmo”. Para rematar o Patrón Maior falou de mellorar no tema das extensas colas afirmando que “é un pouco complicado porque case toda a xente chega a mesma hora –á hora do vermú– e faise case imposible; pero de todos modos imos a ampliar o tempo para mercar as entradas na Confraría e comezar coa venda a primeiros de xullo e tamén teremos unha zona de tikets para as bebidas”.
“Estamos presentando a festa gastronómica máis importante de Galicia” comezou o concelleiro de Mar, que anunciou que a concellería que preside “fará un aporte económico de 15.000 euros ao pósito para que se poda comprar este percebe de tanta calidade e posteriormente vendelo a un prezo accesible”. Abraldes informou da zona específica onde se collerá o percebe para a festa; “vaise a abrir a Zona Norte que comprende dende Punta Falcoeiro até Basoñas, todo ese litoral vai a quedar aberto cos Petóns incluídos”, seguiu falando das vondades do percebe de Aguiño e da súa exclusividade “no seu sabor, na textura, no color e súa peculiar morfoloxía”; tamén tivo palabras para o Pósito; “somos a Confraría máis potente de Galicia, onde máis quilos de percebes se venden durante o ano, estamos nunha media diaria duns 500 quilos”.

O segundo tenente, significou a importancia que ten para Ribeira esta festa, “vén sendo unha das celebracións máis importantes dentro de Ribeira e gastronómicamente, probablemente unha das máis importantes de España e do mundo”. Suerez-Puerta falou tamén da importancia como “motor económico que supón o percebe para o municipio”.

Deja un comentario