Saturday 21 de June de 2025

A piscina municipal de Neda abrirá as súas portas este sábado, primeira xornada do verán


O Concello de Neda abrirá este sábado, 21 de xuño, as portas da piscina municipal. A partir desta fin de semana, e ata o 31 de agosto, as instalacións, situadas na contorna dos Subarreiros, estarán operativas todos os días, incluídos festivos.
A infraestrutura deportiva e de lecer estará aberta para baño libre de luns a venres, de 15.30 a 20.30 horas, xa que polas mañás a piscina acollerá actividades como campamentos acuáticos. Mentres, os sábados, os domingos e festivos, o horario será de 12:00 a 20:30 horas (máis amplo que o pasado verán).
O custo da entrada mantense en 1,5 euros para nenos/as de ata 14 anos, e en 3 euros para quen supere esta idade. Así mesmo, o Concello brinda, un ano máis, a posibilidade de expedir bonos de tempada co que o acceso sae máis económico.
Así na propia piscina poderanse conseguir o bono infantil, destinado a nenos/as de ata 14 anos, por 15 euros; e o de adultos (persoas de 15 anos en diante) por 21 euros. Mentres o bono familiar tramitarase na Casa do Concello, sendo preciso aportar o Libro de familia. O prezo para catro integrantes será de 36 euros, sumándose outros 3 euros por cada membro a maiores.

Deja un comentario