
O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, vén de asinar os convenios de colaboración coas doce asociacións de veciños e comisións de festas polos que o Concello achegará 500 euros a cada entidade para a organización das distintas festas patronais. É dicir, un total de 6.000 euros que poderán ser empregados para aluguer de carpa, gastos de electricidade, actuacións musicais ou pirotecnia, por exemplo.
A maiores, o Concello colaborará tamén realizando tarefas de limpeza e roza nos campos da festa e nas súas contornas nos días previos ás festividades, que se unen á programación anual de limpeza e roza en todas as parroquias. Pola súa banda, as comisións de festas deberán xustificar a axuda antes do 30 de novembro, facer constar a colaboración do Concello de Frades nos carteis e programas da festa, e limpar o campo da festa unha vez celebrado o festexo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.