Saturday 21 de June de 2025

Great Straits e a Orquestra Sinfónica de Galicia estrean este sábado un espectáculo sinfónico cos grandes clásicos de Dire Straits


As últimas entradas para o concerto, que se celebrará no Palacio da Ópera, dispoñibles na praza de Ourense, no propio recinto e Ataquilla

Este sábado o Palacio da Ópera, a partir das 20.00 horas, acollerá o espectáculo Great Straits: Dire Straits Symphonic. Trátase dun concerto único que unirá á banda Great Straits coa Orquestra Sinfónica de Galicia, que interpretarán de maneira conxunta os grandes éxitos de Dire Straits. “Desde o Goberno de Inés Rey buscamos que a cidadanía goce de espectáculos únicos no mundo como este, que xunta a unha das mellores bandas tributo a Dire Straits coa alta calidade da nosa OSG”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

O espectáculo fará un percorrido polos éxitos da banda nun formato e plantexamento únicos a nivel mundial, coa base de rock de Great Stratis e o acompañamento da prestixiosa Orquestra Sinfónica de Galicia. A estrea, o 21 de xuño, coincide co Día da Música. As derradeiras entradas para o concerto están á venda a través da plataforma Ataquilla e nas billeteiras da praza de Ourense e do Palacio da Ópera.

Esta será a primeira vez que a OSG colabore cunha formación de rock, tras facelo anteriormente con formacións pop como Xoel López ou de música tradicional como Luar na Lubre.

Deja un comentario