Saturday 21 de June de 2025

Limpan unha mancha de aceite nunha estrada paralela á AC-546, ao seu paso Fontecada, no concello de Santa Comba


Os bombeiros do parque provincial de Santa Comba participaron este mediodía na limpeza da estrada paralela á AC-546, concretamente no punto quilométrico 13, no lugar de Fontecada, no concello de Santa Comba, por unha mancha de aceite.

Foi o 112 quen deu o aviso ás 12:48 horas indicando que o vertido, duns 50 metros de lonxitude, procedía dun camión que sufrira unha avaría.

Xa no lugar dos feitos, os bombeiros procederon á sulfatar a área con dispersante e aplicar auga a presión.

Deja un comentario