Saturday 21 de June de 2025

Alumnado do CPI San Sadurniño estrea esta tarde o musical LÓVA “Na cidade dos mil castros”


A Compañía de Ópera Cores, formada polo alumnado de 5º de Primaria do C.P.I. de San Sadurniño, estrea esta tarde -17:00h, Casa da Cultura- a súa obra “Na cidade dos mil anos”, que ten moito que ver coa historia de Galicia… aínda que o tema principal son as relacións familiares.

Trátase dun proxecto encadrado na iniciativa estatal LÓVA (La ópera, un vehículo de aprendizaje), onde os nenos e nenas tiveron que buscar financiamento, escribir, producir, compoñer músicas, construír decorados, deseñar vestiarios, iluminar e xestionar moitos outros aspectos técnicos.

Porén, un dos grandes valores de LÓVA é que a cativería debe facelo todo -e resolver múltiples atrancos- cooperando na toma de decisións e poñendo en práctica a escoita activa e a empatía.

Así, entre todos e todas acordaron que o tema central da obra sería a familia, porque consideran que “é o máis importante e que sempre está presente para axudar”.

“Na cidade dos mil anos” representouse onte nunha función privada para o alumnado do CPI e hoxe será a grande estrea tendo como público ás familias.

En LÓVA -que conta con apoio do Teatro Real- iniciouse en Madrid en 2008 coa participación de tres centros públicos. Desde aquela pasaron polo proxecto 24.000 nenas e nenos pertencentes a 850 centros de ensino de 15 comunidades autónomas. En Galicia hai este ano 23 compañías LÓVA. Na nosa zona, ademais do CPI de San Sadurniño -un dos centros máis veteranos- taménatopamos o IES Moncho Valcarce das Pontes, o CPR Plurilingüe San José (Pontedeume) o CEIP Eladia Mariño de Cabanas e os colexios Lestonnac e CEIP de Pazos, en Ferrol.

Deja un comentario