
Máis de 150 persoas participaron na sardiñada organizada pola Asociación Club de Xubilados de Lousame, en colaboración co Concello de Lousame, e que tivo lugar na contorna do seu local en Aldeagrande. Unha sardiñada de San Xoán que se adiantou á data oficial para así non coincidir coas festas locais e permitir a asistencia dun maior número de persoas.
O tempo acompañou e os maiores desfrutaron dun menú no que as sardiñas asadas estiveron acompañadas por pan de broa e chourizos á grella. A música correu a cargo do grupo noiés “Aires de Broña”. Ao acto asistiron os concelleiros de Obras, Ramón Martínez; Deportes, Mariel Agrafojo; e Protección Civil, José Antonio Ces.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.