Thursday 19 de June de 2025

A Banda Municipal de Música estrea “Carballo”, adaptación do terceiro movemento da “Sinfonía Bergantiños” para convertelo no himno do noso concello


A estrea da Sinfonía Bergantiños, composta por Sergio Moure por encargo do Concello de Carballo, converteu o pregón do San Xoán 2024 nun acontecemento histórico. E este ano volveremos facer historia.

O pregón do San Xoán 2025 será único por dous motivos. Por unha banda, porque se trata do primeiro pregón coral da historia. Belén, Gema, Lara e Bea, en representación das asociacións Arume de Verdillo, Nemeth de Carballo, Escola do Alprende de Oza e San Campio de Cances, serán as voces das cantareiras que mantiveron durante séculos, e seguen a facelo, a nosa música tradicional.

As súas voces, e as de moitas máis compañeiras, soarán tamén de seguido, coa Banda Municipal de Música de Carballo, na estrea do noso himno, este xoves 19 de xuño ás 21.00 horas. Carballo, o terceiro movemento da Sinfonía Bergantiños, volverá soar no San Xoán tras a adaptación para banda realizada por Sergio Moure de Oteyza. “O terceiro movemento é o clímax da obra. Trátase da máis emblemática, de máis raíz, porque engloba todo o demais xunto á introdución de instrumentos da terra como a gaita e a percusión, e as voces das cantareiras”, sinalou o autor. “É un orgullo acudir de novo a Carballo, un lugar único que moldeou a miña forma de ser e estar, e devolverlle con este himno unha parte do que me deu”, manifestou.

Deja un comentario