Thursday 19 de June de 2025

A Xunta participa na tradicional celebración de San Xoán que organiza a Residencia Pública Autonómica Torrente Ballester


O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria destacou a importancia de impulsar este tipo de actividades para favorecer o benestar e a socialización dos maiores

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe no celebración do tradicional San Xoán que organiza a residencia pública autonómica Torrente Ballester na Coruña e que é considerada unha das festividades máis importantes deste centro.

Antón Acevedo sinalou que as residencias de maiores son o segundo fogar dos usuarios que deciden ser atendidos nestes recursos específicos baixo o coidado de profesionais cualificados que poden dar resposta a cada unha das súas necesidades. Deste xeito, destacou a importancia de impulsar este tipo de actividades para favorecer o benestar dos maiores e a súa socialización tanto co resto de usuarios como coas familias e veciños da zona.

Visita Residencia Emera
O director xeral tamén visitou pola mañá aos usuarios da residencia de maiores Emera en Oleiros. Alí, trasladou aos usuarios o compromiso da Xunta de Galicia por un modelo de coidados no que os maiores conten con todas as facilidades para decidir onde e como queren ser coidados. Deste xeito, lembrou que se están impulsando diferentes medidas como a creación do Bono Coidado no fogar, o complemento ao Bono residencia ou a posta en marcha de programas específicos de envellecemento activo nos concellos galegos.

Deja un comentario