
- Esta mañá déronse a coñecer no Mercado de San Agustín, na Coruña, todos os detalles da programación da II edición da Feira do GastroLexítimo, que acollerá novamente a parroquia de Esperela.
- O pregón de Paco Lodeiro e a actuación de Luar na Lubre son os piares fundamentais dunha programación que abranguerá os días 5 e 6 de xullo e que inclúe degustacións, exhibicións e citas deportivas.
- Déronse cita o alcalde de Paderne, Sergio Platas; o concelleiro de Economía e Desenvolvemento Emprendedor, Ángel Germade; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; a deputada de Industria, Emprego e Política Demográfica da Deputación da Coruña, Rosa Ana García; a concelleira de Mercados do Concello da Coruña, Diana Sobral Cabanas; Diego López, Xestor da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e adegueiros locais.
O Branco Lexítimo ten moitos motivos para presumir, pero quizáis o máis destacado sexa o recoñecemento que, nos derradeiros anos, está a ter fóra das fronteiras do concello de Paderne, afianzado como o estandarte da produción vinícola con selo de calidade con epicentro en Paderne, na provincia da Coruña.
Esta mañá déronse a coñecer no Mercado de San Agustín, na Coruña, todos os detalles da segunda edición da Feira do GastroLexítimo, que acollerá novamente parroquia da Esperela. O obxectivo fundamental desta celebración é rememorar a identidade do municipio a través da súa cultura gastronómica e da súa actividade bodegueira, toda vez que serve para dar a coñecer a produtores locais e o potencial que ten a propia DO. Celebrarase os días 5 e 6 de xullo.
Déronse cita o alcalde de Paderne, Sergio Platas; o concelleiro de Economía e Desenvolvemento Emprendedor, Ángel Germade; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; a deputada de Industria, Emprego e Política Demográfica da Deputación da Coruña, Rosa Ana García; a concelleira de Mercados do Concello da Coruña, Diana Sobral Cabanas; Diego López, Xestor da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e produtores e adegueiros locais.
Nesta nova edición, o pregón correrá a cargo do presentador galego Paco Lodeiro e como prato forte, a actuación de Luar na Lubre o sábado ás 21:30 horas. Dentro da ampla programación, o público poderá desfrutar dunha variedade de postos con produtos locais e da comarca; tamén obradoiros para a cativada, talleres de cocina, maxia, exhibición de esgrima histórica, catas, homenaxes, o II Trail e Andaina ‘GastroLexítimo’ e pasarrúas.
“O compromiso do noso goberno é seguir, seguir e seguir. Facer de Paderne un referente para a nosa cultura gastronómica e noque se recupere e destaque a importancia de promocionar o produto local, que ademais das súas innegables cualidades, ten algo que o fai incluso máis senlleiro, xenuíno e nos enche de honra aos paderneses e ás padernesas: que está feito “na casa”, sinalou o alcalde, Sergio Platas.
“Unha vez máis, quero agradecer á Deputación da Coruña a súa colaboración co Concello de Paderne a manter viva unha feira que pon en valor a nosa gastronomía e viño autóctono” recalcou o rexedor, quen tampouco se esquece de agradecer á veciñanza “por ter sempre unha resposta tan positiva e unha atitude participativa coas actividades e eventos do municipio”.
Pola súa banda, a deputada de Industria, Emprego e Política Demográfica da Deputación da Coruña, Rosa Ana García, quixo sinalar que “esta cita é moito máis que gastronomía; senón pon de relevancia o valor do produto de proximidade, da nosa identidade e da agricultura ecolóxica. Esta cita mantén o orgullo polo noso, que é o máis importante”.
A concelleira de Mercados, Diana Sobral Cabanas, agradeceu “ao alcalde de Paderne por convidarme e por elixir un espazo tan senlleiro como este Mercado de San Agustín, aínda que non só é o contexto, tamén as persoas que lle dan vida: as que aquí traballan cun produto dunha altísima calidade”.
Diego López, Xerente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, destacou que “o Concello de Paderne é motor e impulsor desta iniciativa e que vai converter na primeira fin de semana de xullo á Esperela como a capital da Reserva de Biosfera.”
Por último, Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña, quixo subraiar que “para nós estar neste evento é algo máis que participar; damos a coñecer a provincia, iso que facemos cara fóra, tamén o estamos a facer cara adentro, e a Esperela é un espazo fantástico. A min gustaríame afondar nalgo que ás veces non se ve, pero que está aí: agradezo ao departamento de Promoción Económica da Deputación da Coruña por sacar este tipo de proxectos adiante, que non é sinxelo”, e rematou dicindo “algo que para min non é menor. A Deputación da Coruña a través da campaña A Paisaxe que Sabe intenta atraer ao territorio da Coruña un perfil turístico que saiba valorar todo o que é o noso sistema produtivo e agroalimentario. É algo que hai que desfrutar con sentido para poder preservalo.”
PROGRAMA COMPLETO
SÁBADO 5 DE XULLO DOMINGO 6 DE XULLO
12:00 HORAS | Apertura 9:30 HORAS | Saída do Trail
13:30 HORAS | Inauguración e pregón 11:00 HORAS | Apertura e experiencia gastronómica a cargo de Miguel Mosteiro
12:00 HORAS | Talleres infantís e pasarrúas a cargo de ‘O Castro de Figueiras’
13:00 HORAS | Cata a cega por parellas a cargo de Alejandro Paadín
13:30 HORAS | Entrega trofeos do Trail
14:00 HORAS | Apertura gastronómica
14:15 HORAS | Visita aos stands
14:30 HORAS | Apertura gastronómica
16:00 HORAS | Talleres, xogos actividades para a cativada
17:00 HORAS | Talleres, xogos e actividades para a cativada 17:00 HORAS | Clausura
18:00 HORAS | Obradoiro de arte floral a cargo de Floradeira
18:30 HORAS | Animación de rúa a cargo do Mago Cayetano
19:00 HORAS | Exhibición de esgrima histórica a cargo do Club de Esgrima Cepa
20:00 HORAS | Cata de Branco Lexítimo vs. variedades irmáns a cargo de Alejandro Paadín
21:00 HORAS | Homenaxe ao Persoeiro de Honra
21:30 HORAS | Actuación de Luar na Lubre
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.