Thursday 19 de June de 2025

As Somozas abre o 25 de xuño a piscina descuberta municipal


Aberta ao público de luns a domingo, en horario de 14:30 a 20:30 horas, e as solicitudes de abonos para a piscina deberán facerse no Concello en horario de 9:00 a 14:00 h

Un ano máis haberá servizo de cantina nas instalacións.

 

O Concello das Somozas abrirá este mes de xuño a  piscina descuberta municipal para a tempada estival, que volverá a contar con servizo de cantina.

O recinto abrirá do 25 de xuño ao 15 de setembro e o horario de apertura ao público será de luns a domingo, en horario de 14:30 h a 20:30 h. As persoas abonadas ao pavillón multiusos teñen acceso gratuíto á piscina descuberta, para iso deberán identificarse con algún documento acreditativo con foto.

 

Tamén, as persoas abonadas á piscina descuberta terán acceso ao ximnasio do pavillón, o cal terá o seguinte horario nos meses de xullo e agosto: de luns a venres de 10:00 h. a 13:00 h e de 18:00 h a 21:00 h.

 

As solicitudes de abonos para a piscina descuberta deberán facerse no Concello en horario de 09:00 a 14:00h.

 

Servizo cantina

Outro ano máis, as instalacións contarán con servizo de cantina, anexo ás instalacións, que estará a disposición das persoas usuarias, no mesmo horario ca piscina.

Deja un comentario