Thursday 19 de June de 2025

Unha persoa ferida tras un accidente de tráfico no lugar de Orro, no concello de Noia


Os bombeiros do parque provincial de Boiro desprazáronse esta pasada noite ata o lugar de Orro, no concello de Noia, por un accidente de tráfico por alcance no punto quilométrico 69 da AC-550 e que se saldou cunha persoa ferida.

Foi o 112 quen deu o aviso ás 21:05 horas. A vítima, condutora dun dos vehículos implicados, foi trasladada en ambulancia.

O GES de Noia tamén participou no operativo regulando o tráfico.

Deja un comentario