Wednesday 18 de June de 2025

Unha colección de postais completa o contido da mostra ‘Esther Casares Quiroga. Anacos de vida tronzada 1909-1969’


A Casa Museo Casares Quiroga acolleu un faladoiro que serviu como epílogo desta exposición

A Casa Museo Casares Quiroga acolle este martes un faladoiro e a presentación dunha colección de postais que supoñen a conclusión da mostra ‘Esther Casares Quiroga. Anacos de vida tronzada 1909-1969’. A este encontro acudiu o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, quen destacou que “o Goberno de Inés Rey ten unha enorme sensibilidade pola memoria democrática e a recuperación desta a través das súas figuras máis icónicas, como é o caso de Santiago Casares Quiroga e a súa familia, que sufriu unha inxusta e dura represión que hoxe coñecemos a través da vida da súa filla Esther”.

O faladoiro estivo dirixido polo historiador Xosé Alfeirán, comisario da exposición, que elaborou unha serie de fotografías e documentos históricos da biografía de Esther Casares para compoñer un pequeno libro de postais que pasará a formar parte da serie editada polo Concello en homenaxe á familia Casares Quiroga. O faladoiro tivo como eixo a vida de Esther Casares e a súa familia. Este conxunto de postais pretende reflectir e reconstruír algúns momentos da vida de Esther Casares Quiroga e do seu marido Enrique Varela de Castro. O obxectivo é honrar e reparar a memoria dunha muller que padeceu represalias e perdas vitais causadas polo réxime ditatorial franquista. Foi vítima dunha persecución inxusta por ser filla do seu pai, Santiago Casares Quiroga, líder político da esquerda republicana en Galicia, concelleiro do concello da Coruña, ministro e presidente do Consello de Ministros da II República, considerado como unha das bestas negras a aniquilar polos golpistas militares e falanxistas que se levantaron contra a legalidade democrática da II República española.

Deja un comentario