Tuesday 17 de June de 2025

A Coruña modifica a ordenanza que permitirá aforrar máis de 100.000 anuais a Aquaoleiros


O Concello da Coruña vén de aprobar a proposta do Concello de Oleiros para que sexa a empresa pública municipal Aquaoleiros quen realice directamente os pagamentos a Emalcsa polo subministro de auga, unha medida que permitirá un aforro anual superior a 100.000 euros.

Sen esta modificación a facturación iría ao propio Concello quen despois tería que cobrar a Aquaoleiros, o que implicaría un incremento debido á repercusión do IVE. Esta medida foi reclamada durante meses polo Goberno municipal co obxecto de mellorar a eficiencia na xestión dos recursos públicos, xa que a fórmula anterior xeraba un sobrecusto inxustificado que acabaría repercutindo nos recibos da veciñanza.

Ademais do beneficio directo para Oleiros, esta modificación normativa terá tamén un efecto positivo noutros concellos da comarca que reciben o subministro de auga a través de Emalcsa, ao permitir unha xestión máis eficiente e directa dos recursos públicos.

Deja un comentario